InicioSociedadeEn liberdade o profesor de autoescola de Lugo que tentou violar a...

En liberdade o profesor de autoescola de Lugo que tentou violar a unha alumna

O sesaxenario que tentou agredir sexualmente á alumna durante unha clase práctica pasa a disposición xudicial con orde de afastamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

GaliciaConfidencial | Un profesor de autoescola foi detido en Lugo por tentar agredir sexualmente a unha das súas alumnas durante unha clase práctica de condución. O sexaxenario foi posto a disposición xudicial, tras o cal quedou en liberdade cunha orde de afastamento sobre a presunta vítima.

Segundo informan fontes da Policía Nacional a Europa Press, a moza acudiu á comisaría de Lugo o pasado luns para pór unha denuncia, onde manifestou que fora obxecto dunha agresión sexual por parte do profesor.

Ademais, a alumna declarou que o home levaba días dicíndolle frases fóra de ton e ata que, nalgún momento, chegou a ensinarlle vídeos con contido pornográfico. Así, o último día que tiveron xuntos unha clase práctica, levouna co coche a un escampado e quixo agredila sexualmente, tal e como indicou a moza. Finalmente, o home desistiu desta acción ao ver que a moza opuña resistencia.

Orde de afastamento

Deste xeito, axentes da Policía Nacional arrestou o martes ao presunto agresor, tras o cal pasou a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo, onde foi posto en liberdade cunhaorde de afastamento sobre a moza.

Fontes do corpo apuntan a que este suceso se trata dun episodio puntual, pois o detido non tiña antecedentes nin constan máis denuncias contra o profesor. A Policía Nacional mantén aberta a investigación.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...