InicioSociedadeLugo, "por encima" da media nacional do 45% de accidentes de tráfico...

Lugo, “por encima” da media nacional do 45% de accidentes de tráfico mortais por distraccións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) presentou este luns en Lugo unha campaña para concienciar aos condutores da importancia de evitar distraccións ao volante, responsables en 2022 e en todo o que vai de ano “do 45% dos sinistros mortais e un pouquiño máis da terceira parte do total de sinistros con vítimas”.

Así o explicou o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, nun acto de presentación que contou coa participación da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. “A provincia de Lugo está a situarse por encima deses datos nacionais”, alertou Álvarez, antes de precisar que as distraccións na estrada son “un factor evitable”.

“Segundo unhas enquisas realizadas a nivel nacional, o 73% dos condutores recoñece que se distrae moi frecuentemente ao volante e un 23% que le mentres vai conducindo mensaxes de texto no móbil”, destacou Isabel Rodríguez, en relación á campaña ‘Ao volante, cero distraccións’ e en declaracións a Europa Press.

A subdelegada do Goberno en Lugo aproveitou tamén o lanzamento da campaña, que estará en vigor ata o 15 de outubro, para chamar a atención sobre a importancia de “concienciar a todas as persoas usuarias das vías, tanto condutores como peóns, para que eviten as distraccións e as condutas de risco ao volante”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...