InicioSociedadeO Concello impulsará medidas para combater a explotación sexual e a trata...

O Concello impulsará medidas para combater a explotación sexual e a trata de mulleres a nivel local

O Consistorio integrarase na rede de cidades libres de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinados á prostitución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Lugo estuda a posta en marcha dun paquete de medidas para combater a explotación sexual e a trata de mulleres a nivel local como a posta en marcha de campañas de sensibilización e accións para vixiar que en determinados locais non se desenvolvan este tipo de prácticas.

A iniciativa, para a que o grupo municipal socialista conseguiu o apoio de toda a corporación a través dunha declaración institucional presentada no pleno deste mes, será desenvolvida a través dun traballo transversal que involucrará a distintas áreas da Administración local. Diso informou o Consistorio nun comunicado, no que explica que Lugo se integrará na rede de cidades libres de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinados á prostitución. O goberno local tamén aposta por reforzar a colaboración cos colectivos que prestan asistencia para ampliar o ámbito de protección ás vítimas e por realizar campañas de sensibilización, entre outras medidas.

“Desde o Concello de Lugo asumimos que, desde os nosos ámbitos competenciais, debemos seguir traballando para dotar de recursos e garantías ás mulleres, nenos e nenas vítimas de explotación sexual. A liberdade e a igualdade son incompatibles coa prostitución, unha das formas máis crueis nas que se manifesta a violencia contra as mulleres que está relacionada coa marxinación, a dificultade económica e a cultura sexista e patriarcal“, afirmou a edil de Cohesión Social, Ana Abelleira.

MEDIDAS

Neste sentido, avanzou que o seu departamento impulsará unha campaña de sensibilización orientada a concienciación sobre as consecuencias da explotación sexual e a responsabilidade dos comportamentos individuais co obxectivo de xerar conciencia social sobre esta forma de violencia contra as mulleres. Ademais, o goberno seguirá vixiando as actividades desenvolvidas en determinados locais co fin de evitar que neles se promova a explotación sexual e estará alerta da organización de determinados eventos susceptibles de ser prohibidos.

ÚLTIMAS

Avance de cartel do Caudal Fest 2026

O 'Caudal Fest', evento que segue en ascenso ata posicionarse como o terceiro festival...

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar...

Os concursos de dereitos mineiros caducados en Pontevedra e Lugo quedan desertos

Os concursos públicos impulsados pola Xunta para dereitos mineiros caducados nas provincias de Pontevedra...

Atrasos no tren A Coruña-Lugo tras a caída dunha furgoneta ás vías do tren en Begonte

A caída dunha furgoneta ás vías do tren na localidade lucense de Begonte provocou...