InicioLugo e contornaDeteñen un home en Lugo por atentado a axentes da autoridade

Deteñen un home en Lugo por atentado a axentes da autoridade

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo por atentado a axentes da autoridade a un home que, previamente, protagonizou unha pelexa, segundo o mesmo relatou aos axentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo por atentado a axentes da autoridade a un home que, previamente, protagonizou unha pelexa, segundo o mesmo relatou aos axentes. Os feitos producíronse sobre as 23.50 horas do mércores cando a sala do 092 recibiu información dunha pelexa na avenida da Coruña, polo que comisiona no lugar varios indicativos do Grupo Operativo Nocturno.

Os axentes observan que, á súa chegada, varias persoas introdúcense nun portal, quedando un home no exterior, co cal se entrevistan. Este manifestou que, instantes antes, tivera unha pelexa cun home que se introduciu no edificio. Nese momento, os policías comezaron a escoitar berros procedentes do cuarto piso do inmoble polo que soben ata o mesmo sen que obteñan resposta ás chamadas que realizan na porta.

Cando os axentes estaban no descanso da escaleira, tentando contactar con algunha persoa que estivese no interior do piso, preséntase o home co que falaran no exterior, meténdose no medio dos policías e entorpecendo a súa actuación, a pesar de ser advertido varias veces de que debía cesar na devandita actitude.

“Chegando finalmente a abalanzarse sobre eles, momento no que tivo que se reducido, procedendo á súa detención por un presunto delito de atentado sendo, posteriormente, trasladado a dependencias policiais para a instrución de dilixencias, mantendo unha actitude agresiva en todo momento”, explica a Policía Local.

Finalmente, contactouse e identificou os moradores do piso, que manifestaron estar a celebrar unha festa e que o home detido alterouse polo que tiveron que sacalo á rúa, sen que pasase, de acordo co seu relato, nada máis.

OUTRA AGRESIÓN

Noutra orde de cousas, sobre o sete da mañá do xoves, un indicativo da Policía de Barrio auxiliou a unha persoa que estaba tirada na rúa e que presentaba feridas. O home manifestou ser agredido, instantes antes, por un grupo de persoas ás que non coñece.

Mentres os axentes esperan a presenza da ambulancia, poden pescudar que posiblemente o home teña algunha relación cunha pelexa que se produciu instantes antes nunha rúa próxima e sobre a que se estaban instruíndo dilixencias por parte de Policía Nacional.

Ademais, o mércores, sobre as 11.15 horas, unha dotación foi requirida por un indicativo de Policía de Barrio que se atopaba atendendo a saída de vía dun turismo no Paseo do Intre xa que a condutora presenta signos externos de acharse baixo a influencia dalgunha sustancia. No control comprobouse que era cocaína.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...