InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaDesde este xoves cortarase unha estrada na Fonsagrada por obras para a...

Desde este xoves cortarase unha estrada na Fonsagrada por obras para a súa mellora

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo informa de que os traballos para a rehabilitación do firme da estrada LU-P-1911, de Mesón Novo a Chao de Vaga por Ventorrillo, á altura da Fonsagrada, obrigarán a realizar cortes de tráfico desde este xoves 24 de agosto e durante un prazo estimado de seis días.

A vía cortarase por tramos e quedarán sinalizados os desvíos. Esta actuación afecta a uns 5 quilómetros da estrada, desde o seu inicio ata o quilómetro 4,345 e do punto quilométrico 6,073 ao 6,822.

A institución provincial destina case 300.000 euros a estes traballos, que foron adxudicados á empresa Desenvolvementos e Metas S.L.

ÚLTIMAS

TSXG declara nulo o ‘catastrazo’ de Sarria tras unha demanda colectiva

A Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou...

Detido un home por presuntas ameazas de morte contra a súa muller

A Policía Local de Lugo detivo por violencia de xénero a un home no...

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en vías de Castroverde

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas investimentos por...