InicioMedioambiente e PatrimonioA inspección do río Segade revela o impacto da liña eléctrica

A inspección do río Segade revela o impacto da liña eléctrica

A campaña de outono do Proxecto Ríos detecta que o hábitat do Segade queda comprometido polas infraestruturas que impiden a conectividade vexetal

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e a Plataforma Lugo de cara ao Miño realizaron este domingo a inspección bianual do Segade, tributario do Miño que atravesa a parroquia de Orbazai. O voluntariado comprobou a saúde dun treito fluvial de cincocentos metros, con conclusións positivas, aínda que advertindo o impacto negativo das estruturas artificiais sobre a vexetación.

A iniciativa é parte do Proxecto Ríos, un programa de educación e voluntariado ambiental recomendado para os cativos, no cal centos de grupos a prol do medio medio natural saen dúas veces ao ano para avaliar o estado dos ríos. Cada inspección analiza as características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais, de cara á posterior elaboración dun informe da calidade cursos de auga doce de Galicia.

Neste caso, trátase da cuarta inspección do río Segade, correspondente á campaña de outono. Os organizadores cualifican de “éxito” a xornada, na que retiraron asemade residuos da beira do regato. O voluntariado contou con material proporcionado polo Proxecto Ríos, incluíndo fichas de identificación de flora e fauna, un Manual de Inspección Básica de Río, e reactivos químicos para a análise da calidade da auga.

Conclusións da inspección

Realizada a inspección, os colectivos ecoloxistas coinciden en sinalar que “o hábitat está ben constituído”, atendendo á calidade “moderada” do bosque de ribeira e á presenza de “especies de macroinvertebrados acuáticos que requiren moi boa calidade da auga”. A ocasión estivo condicionada por un caudal “moi superior ao habitual” por mor das choivas recentes.

Aliás, a campaña de outono certificou que “os principais problemas” do treito analizado son a “perda de continuidade e conectividade da vexetación”, circunstancias que atribúen á “instalación dunha liña eléctrica”, a estrada e a ponte. Dende a Plataforma Lugo de cara ao Miño alertan novamente contra o perigo da contaminación lumínica polo “derroche sen sentido” na instalación de luminarias. Así e todo, esta problemática é polo de agora marxinal porque os farois permanecen apagados.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...