InicioLugo e contornaLugoAsesoría en liña do Concello de Lugo para a prevención de violencia...

Asesoría en liña do Concello de Lugo para a prevención de violencia machista en colexios

A comunidade escolar contará tamén cunha asesoría presencial co mesmo obxectivo e que "diversifica as opcións que a mocidade ten para acceder á información ou solicitar axuda".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo porá en marcha este próximo curso escolar un servizo de asesoría en liña a través do que se prestará asistencia e apoio en materia de igualdade e violencia de xénero ao alumnado dos catro cursos de ESO e FP, así como á comunidade estudantil de 5º e 6º de Educación primaria.

Tal e como detallou o consistorio municipal, a iniciativa enmárcase dentro do Programa socioeducativo de prevención das violencias machistas ao que poden adscribirse todos os centros escolares do municipio.

“O obxectivo desta innovadora medida é detectar diferentes manifestacións da violencia de xénero, especialmente as máis invisibles e sutís, ofrecendo un punto de asesoramento inmediato e información en liña a través da aplicación Whatsaap, aproveitando así a enorme instauración desta canle entre a mocidade”, sinalou a responsable da área de Conhesión Social, Ana González Abelleira.

O Programa de prevención de violencia de xénero nos centros educativos realízase, co actual formato, desde o ano 2016. No pasado curso participaron seis do nove institutos da cidade e 11 colexios dun total de 14.

“Cremos firmemente que a coeducación é o mellor instrumento para a promoción dun proceso de transformación social que sente as bases dunha sociedade onde a igualdade sexa real e efectiva. Desde esta base, o programa está deseñado cunha tripla perspectiva: transversal, multidisciplinar e integradora”, explicou.

Ademais, a comunidade escolar contará tamén cunha asesoría presencial co mesmo obxectivo e que “diversifica as opcións que a mocidade ten para acceder á información ou solicitar axuda”.

De forma complementaria, o Concello sinalou que se organizarán xornadas de sensibilización dirixidas ao profesorado e ás familias do alumnado daqueles centros que así o soliciten.

Así mesmo, durante os recreos ou tutorías, dependendo das necesidades de cada centro, o Concello instalará Puntos Violetas Itinerantes para detectar manifestacións sexistas.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...