InicioSucesosAbsolven a un acusado de traficar con cocaína por non acreditarse que...

Absolven a un acusado de traficar con cocaína por non acreditarse que a comprase para vendela

"A pesar de que levaba a droga escondida, que é un dato a ter en conta, o certo é que non lle constan condenas previas por tráfico de drogas" conclúe o tribunal na sentenza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu dun delito contra a saúde pública a un home que viaxaba de copiloto en xuño de 2021 pola Rolda da Muralla e que portaba cocaína, tal e como comprobaron os axentes da Policía Nacional que deron o alto ao vehículo.

Así o informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que precisa que o fallo non estima acreditado que o acusado adquirise a sustancia para venderlla ao home que conducía o coche, quen tamén portaba cocaína, ou a terceiros para o seu consumo. Ademais, destaca que cando sucederon os feitos o acusado era consumidor habitual de cocaína.

A pesar de que levaba a droga escondida, que é un dato a ter en conta, o certo é que non lle constan condenas previas por tráfico de drogas e non se puido acreditar que o destino da droga non fose o autoconsumo, estando como está acreditada a condición de consumidor do acusado ao tempo dos feitos”, conclúe o tribunal na sentenza.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...