InicioSociedadeTomé cobrará 75.000 euros brutos anuais, un 2,58% máis que o ano...

Tomé cobrará 75.000 euros brutos anuais, un 2,58% máis que o ano anterior

O PP provincial define as súas áreas de traballo para facer "unha marcaxe individual" á corporación e "fiscalizar con detalle" cada área

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno da Deputación de Lugo, conformado por un bipartito do PSdeG e BNG, incorporou nas súas áreas a oito novos deputados e os outros cinco manteñen as súas distribucións do mandato anterior. O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou, este mércores, a estrutura do goberno provincial, a organización e as retribucións dos membros do executivo provincial, que posteriormente se aprobou por unanimidade no pleno extraordinario.

Desta forma, Tomé sinalou que aproveitou “as experiencias e perfís” dos deputados para crear un goberno provincial “solvente e áxil”. Ademais das funcións da Presidencia, Tomé continuará coa dirección da área de Xestión Territorial, que inclúe as materias de vías e obras, parque móbil e proxectos.

Entre as filas socialistas, a área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo continuará nas mans de Pilar García Porto, que tamén mantén o posto como portavoz socialista da Deputación. No que respecta a Promoción Económica e Social seguirá Pablo Riveira; en Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas seguiraa ocupando, como nos últimos mandatos, Mayra García. En materia de cooperación e asistencia aos concellos o responsable será Xosé María Arias.

Os novos deputados socialistas terán as áreas de Muller e Igualdade, da que será responsable Marisol Morandeira; de Formación, Educación e Economía do Coñecemento será Miguel Fernández; a área de Medio Rural dirixiraa Carlos López; a área de Participación Cidadá recalará en Iván Castro; e a de Recursos Sustentables, centrada na granxa Gayoso Castro e da leira do Pazo de Tor, estará en mans de Francisco Cajoto.

DEPUTADOS DO BNG

Con respecto aos deputados do BNG, a vicepresidencia recalará por primeira vez en Efrén Castro que tamén asume, como no anterior mandato, a área de Deportes, Artesanía e Deseño, e Memoria Histórica. A área de Medio Rural, Mar e Mocidade será responsabilidade de Daniel García e a área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística levaraa Iria Castro.

XUNTA DE GOBERNO

O presidente provincial informou de que a xunta de goberno seguirá formada por nove deputados. Ademais de Tomei, integrarana Efrén Castro, Pilar García Porto, Pablo Rivera, Mayra García, Miguel Fernández, Xosé María Arias, Iván Castro e Daniel García.

Como no anterior mandato haberá dúas comisións informativas que presidirá Tomé e terá tres integrantes do grupo provincial do PSOE, tres do PP e un do BNG. Ademais, manteñen a periodicidade e a hora das sesións.

RETRIBUCIÓNS

En canto ao réxime de retribución e indemnizacións manterán o mesmo número de dedicacións do anterior mandato, que son 15 en total. Así, haberá 8,5 dedicacións do PSOE, seis dedicacións exclusivas, dous parciais do 75% e dous parciais do 50%; tres dedicacións do BNG, a do vicepresidente e dúas dedicacións exclusivas; e 3,5 dedicacións para o PP, tres dedicacións exclusivas e unha dedicación parcial do 50%.

A retribución do presidente será de 75.000 euros brutos anuais, un 2,58% máis que no anterior mandato; o vicepresidente, 68.000 euros brutos anuais, un 2,68% máis que no anterior mandato; e os deputados con dedicación exclusiva cobrarán 60.000 euros brutos, 3,42% máis que no mandato anterior.

No que respecta á asignación dos grupos políticos da corporación, o compoñente fixo mensual é de 5.000 euros ao mes por grupo político e o compoñente variables é de 2.000 euros mensuais por cada membro do grupo político.

No cadro de persoal eventual mantiveron en 25 o número de postos coa mesma distribución que no mandato anterior, oito corresponden ao grupo provincial socialista, tres ao PP, tres ao BNG, sete á Presidencia e catro á Vicepresidencia.

REPARTICIÓN DE ÁREAS NO PP

Pola súa banda, os deputados provinciais do PP definiron as súas áreas de traballo para poder realizar “unha marcaxe individual” aos membros do goberno provincial para “fiscalizar con detalle” cada área de traballo e “velar” polo trato igualitario aos concellos “evitando” calquera tipo de discriminación.

Ademais, cuestionaron a decisión de Tomé de manterse á fronte de Vías e Obras, xa que no últimos catro anos “non se deu solución aos numerosos problemas existentes en moitos puntos da rede viaria provincial”.

Do mesmo xeito, sinalaron que “dubidan sobre a idoneidade” do nomeamento para a xestión de áreas do centro de recría e Leira Gayoso Castro e de Medio rural e Mar, xa que a formación, os coñecementos e as traxectorias profesionais dos deputados “parecen non ter demasiada relación cos labores que lles deron”.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...