InicioSucesosPresunta agresión dun menor de 15 anos á súa nai nunha rúa...

Presunta agresión dun menor de 15 anos á súa nai nunha rúa de Lugo

Ademáis , os axentes tamén tiveron que intervir pola presenza dun home que molestaba aos viandantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un menor de 15 anos agrediu presuntamente, na tarde do pasado luns, á súa nai na Avenida de Madrid, en Lugo. Segundo informou o Concello, axentes da Policía Local trasladáronse ata o lugar onde falaron coa nai que manifestou ser agredida polo seu fillo.

Por iso, presentouse unha ambulancia do 061 que realizou unha exploración ao menor, sen que atopasen lesións visibles nin alteracións que necesitasen medicación, a nai pola súa banda rexeitou “calquera tipo de recoñecemento médico“. Os axentes levantaron o correspondente parte de intervención policial para a súa remisión ao órgano competente.

OUTROS SUCESOS

Por outra banda, tamén na tarde do luns, os axentes da Policía Local acudiron á Praza Horta do Seminario xa que, ao parecer, había unha persoa que causaba molestias á cidadanía.

Así, os axentes procederon á identificación dun home de 47 anos e comprobaron, mediante as bases de datos policiais, que sobre el había dúas ordes de detención e presentación ditadas polos xulgados da Coruña. Ante isto, os axentes procederon á súa detención e trasladárono a dependencias policiais onde instruíron as dilixencias oportunas.

+ posts

ÚLTIMAS

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

O BNG reclama ao Goberno central apoio ao Museo da Romanización en Lugo e a inclusión do Cuartel de San Fernando no 2% Cultural

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...