InicioPolíticaO primeiro pleno do Concello de Lugo sobe o salario de edís...

O primeiro pleno do Concello de Lugo sobe o salario de edís e asesores

Aumenta un 13,5% o salario dos concelleiros dos tres grupos políticos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os votos das forzas que conforman o goberno de Lugo, PSOE e BNG, sacaron adiante a organización da corporación local para o recentemente iniciado mandato, no que os edís verán incrementado os seus salarios e no que tamén aumenta a asignación económica aos grupos.

A organización foi aprobada grazas aos votos dos 13 edís de socialistas e nacionalistas, mentres que os 12 concelleiros do PP que completan a corporación luguesa abstivéronse.

Antes do pleno de organización, o goberno celebrou a súa primeira xunta, que continuará celebrándose ás 10,00 horas. O órgano estará integrado, ademais de pola alcaldesa, Lara Méndez; por Rubén Arroxo, Miguel Fernández, Paula Alvarellos, Maite Ferreiro, Mauricio Repetto, Ana Abelleira e Cristina López.

A corporación poderá contratar un total de 19 asesores, dos cales, dez serán para o PSOE, seis para o BNG e tres para o PP, formación que subliñou que o seu traballo agora centrarase en “fiscalizar” o traballo do goberno local composto polas forzas “perdedoras” das eleccións.

A primeira xunta de goberno do mandato deu paso ao pleno de organización, que tamén mantén o seu horario respecto do últimos catro anos e terán lugar o último xoves de cada mes.

SUBAS

Deste xeito, sobe un 13,5% o gasto que se destinará ao salario de edís –5.000 euros máis anuais– e asesores para equiparalos, respectivamente, ao soldo dun xefe de servizo e ao dun administartivo, ou técnico da escala A1.

Tamén aumenta a asignación aos grupos políticos, que percibirán en global 24.000 euros mensuais, 6.700 euros máis que o que recibiron desde o ano 2015, cando se acordou unha redución para o mandato entre ese ano e 2019.

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...