InicioPolíticaEfrén Castro e a edila de Castroverde Iria Castro, deputados provinciais do...

Efrén Castro e a edila de Castroverde Iria Castro, deputados provinciais do BNG por Lugo

O papel do BNG, remarca a propia formación, será clave para a gobernabilidade da institución

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efrén Castro e Iria Castro Fernández serán os representantes do BNG na Deputación de Lugo a partir da conformación da corporación provincial. Así quedou ratificado no acto celebrado no xulgado de Lugo onde as concelleiras e concelleiros electos da xunta electoral de zona de Lugo elixiron os deputados provinciais conseguidos tras as eleccións municipais do 28 de maio, onde o BNG conseguiu dúas actas. Ademais de ser referendadas polos correspondentes órganos da fronte nacionalista.

Deste xeito, o BNG reivindica que fai unha aposta pola renovación, dado que sae Maite Ferreiro (quen ocupou a Vicepresidencia primeira da institución) da Deputación, e tamén pola continuidade do grupo provincial na Deputación de Lugo, a través de Efrén Castro.

O papel do BNG, remarca a propia formación, será clave para a gobernabilidade da institución. Efrén Castro é o actual portavoz do BNG no concello de Sarria e foi o portavoz provincial no mandato 2019-2023. Iria Castro Fernández é concelleira nacionalista en Castroverde.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...