InicioPolíticaOfensiva xudicial de ACE contra o PXOM de Lugo

Ofensiva xudicial de ACE contra o PXOM de Lugo

Alternativa Cidadá de Esquerdas presenta un recurso contra a licenza da nova gasolineira do Ceao e contra o conxunto do PXOM por carecer de Avaliación Ambiental Estratéxica

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alternativa Cidadá de Esquerdas presentou un recurso fronte á licenza outorgada para unha nova estación de servizo no Polígono do Ceao. A reclamación contra o acordo da xunta de goberno local ten efecto indirecto na totalidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que segundo o voceiro da formación, Carlos Portomeñe, “é anulable por carecer de Avaliación Ambiental Estratéxica”.

O quid da cuestión é a licenza para a construcción da gasolineira na rotonda do Ceao, entre a avenida Benigno Rivera e a Duquesa de Lugo. Como alegan dende ACE-EU, a estación de servizo foi “eximida” da avaliación ambiental, nunha tramitación “igualmente plagada de irregularidades”, por acadar a aprobación con catro informes desfavorables do xefe de gabinete de Tráfico, primando un informe dunha consultora privada. “Tal e como está proxectada aumentaría a inseguridade viaria”.

O recurso ten un elemento accesorio, contra a totalidade do PXOM, pola carencia da Avaliación Ambiental Estratéxica. Esta falla motivou a anulación xudicial “dun centenar de plans en todo o Estado, entre eles o de Vigo en 2015, ou o de Muxía este ano”. Así, Portomeñe asegura que o ordenamento urbano “foi tramitado de xeito irregular e neglixente, a súa exposición pública foi un engano por non conter os cambios ordenados pola Xunta”.

Especulación

Carlos Portomeñe durante a rolda de prensa | ACE-EU
Carlos Portomeñe durante a rolda de prensa | ACE-EU

Para ACE-EU, o PXOM de Lugo “está cheo de deficiencias” no referente a “decenas de cauces fluviais sen grafiar” e o trazado e protección do Camiño primitivo “que nin sequera aparece”. Por outra banda, consideran que o ordenamento é “expansivo e agresivo co rural”, cunha previsión residencial “pensada para a especulación urbanística”. O Plan en vigor prevé a construcción de 27.253 vivendas, “preto da metade das que existen agora, a pesar de que Lugo é a terceira cidade do Estado con máis vivendas baleiras”.

Portomeñe argumenta que “Lugo ten un plan irracional” por mor das “políticas do Partido Popular e o Partido Socialista propias da burbulla inmobiliaria que nos levou á crise, lesivo co medio ambiente e co patrimonio”. En contraposición, propón un PXOM “racional e sostible, adaptado á realidade do municipio e centrado na calidade de vida”, e que sexa tramitado “de maneira democrática e participativa, e non como se fixo, de xeito opaco e á medida dos grandes construtores”.

ACE e o Concello enléanse pola pasarela do Anxo Carro

ÚLTIMAS

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...

Os gandeiros manteñen a protesta indefinida en Lugo e advirten de que Mercosur traerá “pobreza e lumes”

Os gandeiros e agricultores galegos continúan en pé de guerra contra o acordo comercial...

A Fiscalía pide 20 anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a un menor contactado por Tinder

A Audiencia Provincial acolleu este martes o xuízo contra un home de 34 anos,...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o...