InicioSociedadeCase douscentos veciños de Lugo descobren a súa provincia cun programa da...

Case douscentos veciños de Lugo descobren a súa provincia cun programa da Deputación

A Deputación de Lugo iniciou este martes os traballos de aglomerado da estrada provincial LU-P-2801 entre os puntos quilométricos 0,9 e 3, á altura da parroquia de San Adrián, en Lourenzá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 180 veciños de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana nas viaxes gratuítas do programa ‘Coñece a túa provincia’, a terceira edición desta iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo.

En concreto, desde o martes e ata o venres, asociacións de Cospeito, Vilalba, Sober, Castroverde, Foz, A Fonsagrada, O Saviñao e Burela visitarán os recursos patrimoniais e naturais das comarcas da Mariña, A Ribeira Sacra e A Montaña.

Esta semana as viaxes arrincan coa Asociación de Veciños O Castro de Bexán, de Cospeito, na Granxa Gayoso Castro e, posteriormente, polos concellos de Barreiros e Ribadeo. Tamén este martes, a Asociación de Pais e Alumnos Terra Chá do CEIP de Román, de Vilalba, coñeceron primeiro o Centro de Interpretación Terras do Miño, para posteriormente pór rumbo á Fonsagrada e Negueira de Muñiz con paradas na Seimeira de Vilagocende ou no Museo Comarcal.

O mércores será a quenda da Asociación Cultural O Tricole, de Sober, e a Asociación Cultural O Forno da Vella, de Castroverde. Os soberinos visitarán os concellos de Xove e Viveiro para coñecer o faro Punta Roncadoira ou o Souto da Retorta, e antes farán unha parada no Centro de Interpretación Terras do Miño. Por outra banda, os de Castroverde, coñecerán o traballo da Produtora de Audiovisuais e os recursos turísticos de Alfoz e O Valadouro.

Será o xoves cando a Agrupación Deportiva Os Castros, de Foz, achéguese ao Pazo de San Marcos antes de percorrer Paradela e Portomarín, onde visitarán o patrimonio románico destes concellos, así como o Castro de Soutomaior. Por outra banda, tamén nesta xornada, a APA dos Centros Docentes da Fonsagrada coñecerán o traballo que leva a cabo na Produtora de Audiovisuais da Deputación para, posteriormente, pór rumbo a Cervo.

Para finalizar a semana, o venres participarán no ‘Coñece a túa provincia’ a Asociación Cultural Lavandeira, do Saviñao, e a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Praia da Marosa, de Burela. A entidade da Ribeira Sacra visitará o Mazo de Santa Comba e achegarase á Mariña para descubrir Xove e Viveiro. Pola súa banda, a entidade mariñá irá á Granxa Gayoso Castro e visitará o concello do Saviñao.

REPARACIÓN DE CALZADA

Por outra banda, a Deputación de Lugo iniciou este martes os traballos de aglomerado da estrada provincial LU-P-2801 entre os puntos quilométricos 0,9 e 3, á altura da parroquia de San Adrián, en Lourenzá.

Estes traballos contan cun investimento de preto de 180.000 euros que permite a mellora desta vía que une a parroquia laurentina con Augaxosa, en Riotorto.

O proxecto inclúe a limpeza dos laterais da estrada e a mellora da drenaxe, garantindo así unha boa evacuación das augas cando chova. As actuacións compleméntanse co aglomerado e rematarán coa colocación de arquetas, sumidoiros e a sinalización horizontal da estrada, pintando con marcas reflexivas brancas.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...