InicioSucesosA Policía local de Lugo investiga a aparición de dous animais mortos...

A Policía local de Lugo investiga a aparición de dous animais mortos na vía pública

Os bombeiros participaron nos labores para sacar os animais da vía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo localizou dous animais mortos na vía pública o pasado luns e iniciou as investigacións necesarias para a identificación dos propietarios dos mesmos. Ademais, levou a cabo as xestións para a retirada dos corpos para evitar “problemas de salubridade”.

Segundo concreta a entidade, na parroquia de Poutomillos apareceu unha ovella morta; e no lugar de Castro Alfonsín, un animal “en avanzado estado de putrefacción”. Así mesmo, o Corpo informa o desprendemento da cornixa dun edificio sobre a beirarrúa na rúa Harmónica ás 18,45 horas do mesmo luns. A retirada dos restos requiriu a presenza do servizo de bombeiros e a restrición do tráfico no tramo de vía afectado.

Os axentes foron requiridos tamén na mesma xornada para o auxilio dunha persoa indisposta nun carril de circulación de cálea Aviación Española; así como para un incendio declarado nunha vivenda da avenida de Garabolos ás 19,45 horas.

Durante a noite do luns ao martes, engade a Policía Local, realizáronse filtros de seguridade viaria en varios puntos da cidade. En concreto, os axentes detectaron catro condutores que deron positivo en alcoholemia; un deles, circulaba ademais coa ITV caducada. Os vehículos foron inmobilizados.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...