InicioSociedadeO Arde Lvcvs inicia este sábado a conta atrás para a celebración...

O Arde Lvcvs inicia este sábado a conta atrás para a celebración da súa XXII edición

O acto de partida das celebracións, o Natalicio, terá lugar na Praza de Santa María a partir das 20,30 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Arde Lvcvs inicia este sábado, día 10 de xuño, a conta atrás para a celebración da súa XXII edición co Natalicio, o acto de partida das celebracións, que terá lugar ás 20,30 horas na Praza de Santa María.

Diso informou o Concello de Lugo, que destaca que nove asociacións organizan o evento que, máis aló da narración histórica, a ofrenda aos deuses e o desfile ata a Mosqueira, incorpora como novidade a posta en escena de tres obras de teatro.

A música de Abrahám Cupeiro será o fío condutor de todo o relato, no que tamén se poderá escoitar o himno Calendis de José María Núñez interpretado prol o Orfeón Xoán Montes e a Coral Ecos do Miño.

A alcaldesa de Lugo en funcións, Lara Méndez, convidou este venres á cidadanía a participar nas festas deste primeiro evento que será o prólogo da transformación que vivirá a capital entre o 22 e o 25 de xuño e coa que se rememorará a orde que o emperador Octavio Augusto deu para construír as cidades de Lucus Augusti, Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), hermanadas desde 1986.

“A partir de maña Lugo empeza a avivar a chama do Arde Lvcvs. A cidade retrocederá 2.000 anos para revivir o seu pasado castrexo-romano e encherse de novo de bulicio”, destacou a alcaldesa en funcións.

ÚLTIMAS

Investigan a un condutor de 32 anos por circular a 167 km/h por unha estrada de Cospeito limitada a 70

A Garda Civil investiga a un condutor de 32 anos de idade como suposto...

Detida unha moza en Lugo por agredir a un home cunha rasuradora de cellas

Unha moza de 20 anos foi detida por cortar na cara a un home...

Simega acusa a Luís Pérez de Lallo de confundir vocación médica con servilismo

O Sindicato Médico de Galicia (Simega), adscrito á Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM),...

Dáse á fuga tras tirar a un motorista e case atropelar a algúns peóns

O condutor dun turismo deuse á fuga este luns en Lugo tras chocar por...