Lugo urxe á Xunta a autorizar as prospeccións para a zona de baño no Miño, pendentes desde o 18 de maio

Recreación das piscinas flotantes sobre o río Miño

O Concello de Lugo urxiu este mércores á Xunta a que autorice as prospeccións na zona de baño do río Miño durante o verán, “cuxa documentación foi entregada” o pasado 18 de maio e que aínda se atopa pendente.

A responsable da área de Medio Ambiente, Miguel Fernández, ratificou que esta solicitude foi realizada ao Goberno galego o pasado 18 de maio, “incluíndo a comunicación dos traballos previos de prospección que a Administración local levará a cabo na canle fluvial para verificar cal é o estado do ámbito do río sobre o que ten autorización para colocar a plataforma”.

“O tempo segue correndo e cuantos máis días pasen, máis se atrasa a análise e tamén a montaxe da estrutura que, pretendemos, entre en funcionamento co inicio da tempada estival para dar servizo aos veciños“, afirmou.

Así, o tenente de alcaldesa sinalou que, despois de contratar o servizo, “agora só falta que a Xunta dea a súa visto e prace para poder iniciar os labores que permitirán coñecer o estado no que se atopa o leito” co obxectivo de “valorar que medidas fai falta adoptar para garantir que os módulos flotantes poidan instalarse sen que exista prexuízo algún para o ecosistema”.