InicioSociedadeA Deputación de Lugo aproba máis de 1 millón de euros para...

A Deputación de Lugo aproba máis de 1 millón de euros para investimento en mobilidade e melloras na provincia

A institución contratará por 26.500 euros a dixitalización do Boletín Provincial entre 1984 e 2003

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres máis de 1 millón de euros en investimento en mobilidade e melloras na provincia. Segundo informou en rolda de prensa a portavoz socialista da institución, Pilar García Porto, o achegue é para a mobilidade nas estradas provinciais, dotar de máis e mellores servizos públicos á veciñanza, ademais de apoiar iniciativas e eventos que promocionen a provincia.

Así, quedaron adxudicadas por 180.000 euros as obras de mellora da estrada provincial LU-P-2801, que vai de San Adriano a Augaxosa ao seu paso polo municipio de Lourenzá, con prazo de execución de dous meses.

Así mesmo, o proxecto contempla a limpeza dos laterais da estrada e as actuacións necesarias para ter un bo sistema de drenaxe co fin de garantir a correcta evacuación das augas cando chova. Así como o aglomerado en quente do firme, a colocación das arquetas e sumidoiros, ademais da sinalización horizontal.

O orzamento total aprobado este venres destínase a outras accións da Deputación, como a licitación de obras en Ribeira de Piquín por un importe de 120.000 euros para a renovación da estrada LU-P-4606, que vai desde Rioxoán, pasando por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido, ata Asturias, nun tramo de sete quilómetros.

O Executivo provincial tamén aprobou licitar por 65.000 euros o contrato para a reposición da sinalización horizontal da LU-P-0708, que une Cereixal con Louxas e que presta servizo aos municipios de Baleira, Becerreá, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Ademais, foi acordada a licitación das obras para o acondicionamento do pavimento de dúas estradas provinciais no Saviñao por un importe conxunto superior aos 176.000 euros. Trátase, por unha banda, da mellora da vía de Lamaquebrada a Montecelo, a LU-P-5807; e, doutra banda, a mellora do primeiros cinco quilómetros da LU-P-5808, que pasa polo lugar de Valiñocobo.

DOTACIÓNS MUNICIPAIS

Ademais, a xunta de goberno provincial aprobou este venres un acordo de colaboración mediante o cal a Deputación de Lugo achega 115.000 euros ao Concello de Viveiro para melloras de equipamentos deportivos municipais, mantemento de infraestruturas, accesos a vías municipais, dotación de iluminación pública e a iniciativas de promoción turística.

Entre as actuacións que o Concello levará a cabo con esta achega, está a dotación de iluminación pública no lugar de Nogarido, na parroquia de Chavín; a instalación eléctrica no recinto do Colexio Plurilingüe de Galdo e o acondicionamento do campo da Urraca. Así mesmo, realizaranse melloras no lugar de Xunqueira; e a renovación da Avenida de Cervantes coa colocación de novo lastro e zona arboredo que ofrecerá unha nova imaxe da súa contorna.

Nesta ocasión, foi aprobado outro acordo co Concello de Burela para a renovación dunha parte do parque infantil de Rosalía de Castro. O proxecto prevé a renovación por completo da zona de xogos xunto á rúa Pardo Bazán, substituíndo o chan e mobiliario existente e incorporando novos xogos. Esta reforma ten un orzamento total de preto de 146.000 euros, polo cal a Deputación financiará 115.000 e o Concello investirá os 31.000 restantes.

A institución provincial tamén achegará 184.000 euros en Ribadeo para a adecuación do aparcadoiro da rúa Pipelo. Ademais, investirá neste concello preto de 50.000 euros para a adquisición e instalación de persianas motorizadas na Praza de Abastos.

Así mesmo, a Deputación acordou destinar máis de 22.000 euros ao Concello de Sarria para colaborar na adquisición e instalación dun videomarcador no pavillón José Mario González, e preto de 5.000 euros para apoiar a organización das Xornadas Xurídicas de Sarria. Ademais, o goberno provincial apoiará á Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel con 40.000 euros para desenvolver as actividades do 2023.

DIXITALIZACIÓN DO BOP

O Goberno provincial permitiu a contratación dos traballos de dixitalización do Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) entre os anos 1984 e 2003 por un importe de 26.500 euros. Estas tarefas implican a dixitalización dun total de 73.000 páxinas do BOP e terán unha duración de cinco meses a partir da firma do contrato.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...