InicioSociedadeColocan aeroxeradores de cartón na Muralla de Lugo para denunciar a "depredación...

Colocan aeroxeradores de cartón na Muralla de Lugo para denunciar a “depredación exerxética” de Galicia

Convocan unha mobilización o 21 de maio en Lugo para esixir unha moratoria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dunha ducia de aeroxeradores de cartón ocupan dende esta mañá a Muralla de Lugo para denunciar “a estratexia de depredación enerxética” que está a sufrir o territorio galego e, de xeito diferenciado, a poboación que habita nas áreas rurais.

A coordinadora Un Vento Vén denuncia que en Galicia hai xa máis de 180 polígonos eólicos extendidos a través de máis de 4.000 aeroxeradores e centos de km de liñas de alta tensión. Producen electricidade que podería abastecer a 13,6 millóns de habitantes -nós somos 2.690.464-. Os polígonos mariños en tramitación engadirían 422 aeroxeradores máis, producindo enerxía para outros 25 millóns de persoas. Ademais, sinalan que as áreas de desenvolvemento eólico invaden 107 mil ha das case 320 mil da Rede Natura 2000 e que, nalgúns casos, case a totalidade da Rede Natura é Área de Desenvolvement Eólico.

Explican que “esta agresiva invasión de proxectos” responde unicamente aos intereses estratéxicos dun lobby empresarial que, grazas as medias impulsadas por Goberno e Xunta, “está impoñendo o seu modelo de negocio sobre os dereitos humanos e sociais do pobo galego”, facendo que a nosa comunidade se converta nunha “área de sacrificio na que concentrar centos de polígonos industriais enerxéticos.

Ante isto, e baixo a consigna “O pobo galego unido contra a depredación enerxética. As cidades e o rural xuntas contra o capital”, o domingo 21 de Maio, ás 12.30h., a coordenadora Un Vento Vén convoca unha mobilización nacional que partirá da Torre da Mosquera da Muralla de Lugo para esixir ás formacións políticas e institucións accións inmediatas e concretas para activar unha moratoria eólica inmediata en todo o territorio, e avanzar cara un cambio radical do modelo enerxético.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...