InicioSociedadeMiñones destaca Lugo como a cidade "máis cardioprotexida" de España

Miñones destaca Lugo como a cidade “máis cardioprotexida” de España

Reivindicou a "aposta" do equipo de goberno de Lara Méndez "por esa liña"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ministro de Sanidade, José Miñones, participou este venres en Lugo nun curso de reanimación que Cruz Vermella desenvolve na Praza Maior, no marco do programa municipal ‘Lugo con Corazón’, onde destacou á capital lucense como a cidade “máis cardioprotexida” de España.

Por este motivo, sinalou que é “un orgullo” para todos os galegos e os cidadáns de Lugo e reivindicou a “aposta” do equipo de goberno de Lara Méndez “por esa liña”. “É un compromiso persoal da alcaldesa; un compromiso dirixido cara á saúde e aí non podiamos faltar”, manifestou.

Así mesmo, Miñones tamén aproveitou para felicitar á alcaldesa da capital lucense, Lara Méndez, polo recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional do Arde Lucus, así como porque Lugo sexa coñecida como “cidade da ciencia e a innovación”.

Durante esta xornada, o titular de Sanidade tamén participou nun concerto de 700 alumnos con motivo da declaración do Arde Lucus como Festa de Interese Internacional e mantivo un encontro con representantes de colexios oficiais de médicos, enfermaría, odontoloxía, veterinaria e farmacia en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...