InicioSucesosOutro detido por apuñalar a un home no centro de Lugo

Outro detido por apuñalar a un home no centro de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido pola Policía Nacional por apuñalar a outro home durante a tarde do pasado xoves nunha céntrica praza de Lugo.

Segundo trasladou a Comisaría Provincial de Lugo, o incidente tivo lugar a media tarde en Fonte dos Ranchos, onde dúas persoas iniciaron unha discusión que derivou nun enfrontamento no que un dos implicados esgrimiu unha arma branca coa que agrediu ao outro.

Este último pediu axuda á Policía Nacional, que logrou identificar ao presunto agresor grazas ao testemuño da vítima, trasladado ao HULA con feridas que non revisten gravidade. O agresor foi arrestado nun hostal da capital luguesa no que se atopa hospedado, desde onde foi trasladado á comisaría da Policía Nacional na que pasou a noite á espera de ser posto a disposición xudicial este venres.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...