InicioSucesosDetido un home en Lugo por agredir á súa muller fronte ao...

Detido un home en Lugo por agredir á súa muller fronte ao seu tres fillos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido en Lugo por axentes da Policía Local acusado dun delito de violencia de xénero por agredir á súa muller agarrándoa do pescozo en presenza do seu tres fillos. O arresto produciuse ao redor das 20,40 horas do pasado martes 2 de maio, cando a central da Policía Local de Lugo recibiu unha chamada da vítima para pedir axuda.

Os axentes presentáronse no lugar e atoparon no portal ao suposto agresor, que se identificou ante os policías, aos que dixo que empuxara á súa muller porque antes ela o agarrou polo pescozo. O relato da vítima, corroborado de forma espontánea polo fillo maior –de 7 anos–, contradí a versión do home e asegura que foi este quen iniciou a agresión cun empuxón que, máis tarde, continuou agarrándoa do pescozo.

A muller, que rexeitou recibir asitencia médica no momento, manifestou aos axentes que presentaría a denuncia ao día seguinte en comisaría. Pola súa banda, o home foi arrestado e trasladado a comisaría para tramitar as dilixencias por un delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...