InicioSucesosDetido un home en Lugo como presunto autor dun delito de violencia...

Detido un home en Lugo como presunto autor dun delito de violencia de xénero

Algunhas testemuñas dixeron que o home "portaba nunha man algo que non puideron observar ben, pero que podería ser unha arma branca".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home acusado dun suposto delito de violencia de xénero, tras ser alertados os axentes por varios viandantes o pasado 30 de abril, ás 23,35 horas.

Segundo o relato policial, varias persoas que camiñaban pola rúa viron a unha parella que mantiña unha “forte discusión” e “aínda que non observaron ningunha agresión” (física), a “actitude que mantiña o home, atendendo á furia dos seus xestos e ao ton das súas palabras, podería desembocar nun ataque físico”.

Ademais, engadiron estas testemuñas que o home “portaba nunha man algo que non puideron observar ben, pero que podería tratarse dunha arma branca”.

Desta maneira, estableceuse un dispositivo de procura, que localizou á parella nas inmediacións. Os axentes separaron a un doutro como medida preventiva e para que puidesen falar de “forma máis reservada”.

A muller non formalizou denuncia e tampouco quixo ser trasladada a un centro médico ou ser asistida no lugar. En todo caso, os axentes detiveron ao home e trasladárono a dependencias policiais para a tramitación das dilixencias correspondentes como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...