InicioCulturaCiclo de música clásica organizado pola Deputación de Lugo para escolares da...

Ciclo de música clásica organizado pola Deputación de Lugo para escolares da provincia

A institución provincial detallou que esta iniciativa parte dunha "rigorosa investigación semiótica" que deriva na explicación do sentido musical a través de memes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo iniciou un ciclo de música clásica dirixido a alumnado de Educación Secundaria da provincia que percorrerá ata o 16 de maio seis concellos para dar a coñecer e achegar a música clásica aos mozos. A primeira parada do ciclo ‘Música e memes’ foi Monterroso. Posteriormente, esta actividade celebrarase en Viveiro (día 4), Burela (día 5), A Fonsagrada (día 12), Becerreá (día 15) e Vilalba (día 16).

A institución provincial detallou que esta iniciativa parte dunha “rigorosa investigación semiótica” que deriva na explicación do sentido musical a través de memes, linguaxe moi empregada polo público obxectivo deste traballo. En concreto, a través dunha plataforma en tempo real e do teléfono móbil do público, participan e toman decisións sobre o que sucede no escenario.

“Trátase dun proxecto que vira ao redor do Trío K. 498 Kegelstatt para clarinete, viola e piano, de W.A. Mozart, e permite expresar dinámicas e intereses actuais a través da música de finais do século XVII”, destacou a deputada provincial Pilar García Porto.

Foi a compositora ferrolá, Sofía Oriana Infante, a que escribiu unha peza pensada para este proxecto. A última parte do espectáculo é ‘Un memento, morrín’, onde se mestura a cultura actual cos prexuízos sobre a música clásica.

OBRAS EN SOBER

Por outra banda, a Deputación de Lugo informou de que comezou as obras de mellora da estrada provincial LU-P-5904, de Sober a Vilachá por Gundivós, en dous tramos: do 0,040 ao 0,646 e do 5,4 ao 12,080, entre os que se atopan os accesos a Santa Cruz e Sanmil.

Segundo destacou a institución provincial, os traballos teñen un orzamento que supera os 120.000 euros. As actuacións, explicou, consisten na reapertura de cunetas e, posteriormente, na reparación do firme e A repavimentación de zonas danadas. Por último, levará a cabo a limpeza dos sinais existentes. As melloras teñen un prazo de execución de dous meses e foron adxudicadas á empresa Hordescón SL.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...