InicioSociedadePiden 10 anos de prisión para un lucense que violou a unha...

Piden 10 anos de prisión para un lucense que violou a unha menor coa que quedou a través dunha aplicación de citas

O Ministerio Público tamén pide para o procesado unha orde de afastamento da menor de 15 anos, unha indemnización de 10.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita 10 anos de prisión para un lucense acusado dun delito de agresión sexual a unha menor á que coñeceu a través dunha aplicación de citas. A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os próximos días 25 e 26 de abril o xuízo.

Os feitos sucederon, segundo o escrito fiscal, a principios do ano 2022, cando o acusado contactou coa vítima a través dunha aplicación de citas. Ambos remitíronse fotografías e concertaron un encontro nun lugar público de Lugo, onde o acusado abusou sexualmente dela.

Como consecuencia da agresión, a menor tivo que recibir asistencia sanitaria que derivou nuns gastos de 945 euros para o Sergas. O acusado permanece en prisión provisional desde febreiro de 2022. Ademais da pena de prisión, o Ministerio Público pide para o procesado unha orde de afastamento da menor de 15 anos, unha indemnización de 10.000 euros e a prohibición de realizar traballos relacionados con menores durante 25 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...