InicioSucesosDetido un mozo como suposto autor da agresión ao futbolista xuvenil do...

Detido un mozo como suposto autor da agresión ao futbolista xuvenil do Lugo o fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Nacional detivo na última hora da tarde do luns a un mozo como presunto autor da agresión a Gonzalo Cuéllar, o futbolista de 18 anos do equipo Xuvenil División de Honra do Club Deportivo Lugo, na madrugada do sábado ao domingo nunha zona de lecer nocturno na rúa Clérigos, e que continúa ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

O futbolista mozo, irmán do xogador do CD Lugo Jaume Cuéllar, recibiu unha puñada tras unha discusión e tivo que ser trasladado en ambulancia ata o HULA, onde ingresou na UCI pero con evolución favorable. Ao longo do luns foi derivado a planta.

Os axentes, e despois de que a familia presentase unha denuncia o domingo, iniciaron unha investigación na que tomaron declaracións a todos as posibles testemuñas. Así, tras estas dilixencias, lograron determinar a presunta autoría das lesións e a última hora do luns foi detido o suposto agresor. Este, permanece ingresado en calabozos en dependencias policiais tras tomarlle declaración e a previsión é que pase a disposición xudicial na mañá deste martes.

Tras este suceso, o Club Deportivo Lugo emitiu o domingo un comunicado para enviar todo o seu “apoio e forza” á vítima e á familia: “O club atópase xunto a eles e en contacto constante”. “A familia ‘albivermella’ únese para arroupar a Gonzalo, a Jaume e á súa familia neste complicado momento e condena enerxicamente este deleznable suceso”, conclúe o conxunto.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...