InicioSucesosA Xunta activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia para sufocar...

A Xunta activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia para sufocar o incendio en Vilalba

Bombeiros de Vilalba, Barreiros, Sarria, Eume e Lugo foron mobilizados para colaborar no control e extinción do lume nunha nave de reciclaxe no polígono industrial Sete Pontes, en Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) por un incendio declarado nunha nave de reciclaxe en Vilalba, no Polígono Industrial Sete Pontes.

Deste xeito, explica, garántese a coordinación entre os organismos mobilizados e faise fronte a esta situación de risco.

MOBILIZACIÓN DE VARIOS PARQUES DE BOMBEIROS

Bombeiros de Vilalba, Barreiros, Sarria, Eume e Lugo foron mobilizados desde estes puntos da provincia para colaborar no control e extinción do lume que se declarou nunha nave de reciclaxe no polígono industrial Sete Pontes, en Vilalba.

Do lume alertou sobre as 18,00 horas un particular ao 112 e ata o punto tamén se mobilizaron o GES de Friol-Pas e o GES de Monterroso, xunto con efectivos da Policía Local e da Garda Civil, así como medios do distrito forestal da zona.

Ademais, tamén foron mobilizados efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que inicialmente non se ten constancia de persoas feridas ou afectadas, ata o momento.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...