InicioSociedadeAccidente en Carballido por unha saída de vía

Accidente en Carballido por unha saída de vía

No operativo tamén participaron os Bombeiros de Lugo e a Policía Local da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Por outra banda, na madrugada deste xoves rexistrouse un accidente cunha persoa ferida na parroquia de Carballido, en Lugo. Tratouse dunha saída de vía ocorrida na LU-530 e o aviso á central telefónica do 112 saltou grazas ao sistema de emerxencia do propio vehículo que, ao detectar o impacto e non lograr comunicación precisa co condutor, contactou cos servizos de Emerxencias.

O CIAE mobilizou a efectivos de Urxencias Sanitarias 061, a axentes da Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía. Foron estes últimos traballadores os que viron o condutor, desorientado, preto do lugar do sinistro.

O home, F.V.S., de 60 anos de idade, foi atendido no lugar por profesionais sanitarios e posteriormente trasladado ao Hospital Lucus Augusti en ambulancia de soporte vital básico. No operativo tamén participaron os Bombeiros de Lugo e a Policía Local da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...