InicioSucesosRebaixa de 11 a 9 anos na pena imposta a un home...

Rebaixa de 11 a 9 anos na pena imposta a un home por abusar da filla da súa parella en Lugo

O TSXG expón que debe aplicarse ao procesado a pena no seu grao mínimo, xa que a sentenza do tribunal provincial non detalla cales son as "circunstancias" que levaron a elevar a dita pena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso interposto por un home que fora condenado pola Audiencia Provincial de Lugo a 11 anos de cárcere por abusar sexualmente da filla da súa parella cando a nena tiña 14 anos de idade, e rebaixou a pena ata os 9 anos de prisión.

Na súa resolución, o alto tribunal galego expón que debe aplicarse ao procesado a pena no seu grao mínimo, xa que a sentenza do tribunal provincial non detalla cales son as “circunstancias” que levaron a elevar a dita pena e o motivo polo que a condena imposta é proporcionada cos feitos.

Segundo sinalan os maxistrados, o delito de abusos sexuais a menor está penado con entre 9 e 12 anos de cárcere, e “a imposición da pena por encima do mínimo da metade superior precisa dalgunha argumentación complementaria que permita ao acusado e ás partes coñecer cal é a razón pola que o tribunal optou por unha determinada contía da pena e non por outra, sobre todo se se excedeu en case dous anos o mínimo da pena resultante ao calcular a metade superior”.

A Audiencia Provincial considerou probado que o acusado realizara tocamentos no peito a unha das fillas da súa parella, e introduciulle un dedo na vaxina. Por iso, o condenara a 11 anos de cárcere, e impúxolle a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante 13 anos, a medida de liberdade vixiada durante 10 anos e unha indemnización á menor de 7.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...