InicioSucesosDetido en Lugo por unha suposta agresión á súa exparella

Detido en Lugo por unha suposta agresión á súa exparella

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero tras propinar supostamente un empuxón á súa ex parella durante unha discusión.

Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do domingo, cando a Policía de Barrio, comisionada pola sala do 092, acudiu a un domicilio do centro histórico, alertada porque se estaba producindo unha discusión de parella.

Ao chegar, os axentes atopáronse cos implicados na rúa, un home e unha muller que estaban a discutir. A muller explicou aos axentes que tivera unha rifa coa súa exparella e que este lle deu un empuxón, aínda que non tiña lesións, mentres que o home relatou que ela lle cuspiu. Os axentes detiveron ao home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...