InicioSociedadeCondenado a once anos de cárcere un home por agredir sexualmente á...

Condenado a once anos de cárcere un home por agredir sexualmente á filla menor de idade da súa parella en Lugo

Non poderá aproximarse e comunicarse coa vítima por calquera medio durante dez anos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a once anos de cárcere a un home por agredir sexualmente, de forma continuada, á filla da súa parella desde 2013, cando a menor tiña doce anos, ata 2015.

O tribunal considera probado que o acusado, “prevalindose da convivencia familiar coa menor”, conseguiu “dobregala aos seus requirimentos sexuais e comezou a ter relacións sexuais con ela en 2013, aproveitando unha viaxe da súa nai á República Dominicana”.

Ademais de once anos de prisión, os maxistrados impuxéronlle a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima por calquera medio durante dez anos, así como oito anos de liberdade vixiada, a privación da patria potestade e inhabilitación para o exercicio dos dereitos de patria potestade, tutela, curatela, garda e acollemento por tempo de oito anos, e inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio que leve contacto regular e directo con menores de idade por un tempo de dez anos. Así mesmo, en concepto de responsabilidade civil, o procesado deberá indemnizar á vítima con 9.000 euros.

ÚLTIMAS

A Deputación as reservas para rutas en catamarán na Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo activa este mércores o sistema de reservas para solicitar praza...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...