InicioSucesosUn condutor borracho trata de atropelar a axentes da Policía Local de...

Un condutor borracho trata de atropelar a axentes da Policía Local de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interceptou este martes a un home que, facendo caso omiso ás indicacións dos axentes, tentounos atropelar.

Segundo trasladou a Policía Local nun comunicado, os axentes foron comisionados pola Sala do 092 para que acudise a un local de hostalaría da Praza de Augas Férreas. Á súa chegada, os policías trataron de acougar á parella, que lonxe diso, o home subíu no coche, sendo interceptado polos axentes, e duplicando a taxa máxima de alcol permitida.

Deste xeito, ordénaselle que non pode conducir o vehículo ata que se levante a inmovilización. Pasado uns minutos a patrulla volve ao lugar, observando que o vehículo se puxo en movemento coa intención de fuxir do lugar. Cando os axentes descenden do seu vehículo e aproxímanse ao condutor este fai ademán de atropelalos, proferindo ameazas de morte, esquivando os axentes as manobras.

O home foi detido e trasladado a dependencias policiais onde se instrúen as oportunas dilixencias para o Xulgado de Garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...