InicioEconomíaA Deputación de Lugo inicia as obras de mellora de dúas estradas...

A Deputación de Lugo inicia as obras de mellora de dúas estradas en Portomarín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo iniciou esta semana as obras de mellora do firme de dúas estradas no municipio de Portomarín, ás que destina un investimento superior aos 200.000 euros.

En concreto, trátase da LU-P-4902, que comunica o Alto do Valiño con Valdeporrás por Vilaxuste, onde a institución provincial está a renovar un tramo de tres quilómetros; e a LU-P-4909, de Toxibó ás Neves, onde se intervén desde o quilómetro 2 ao 3,235.

Os traballos teñen un prazo de execución de dous meses, e contemplan a apertura de cunetas, drenaxe e limpeza, saneamento das capas existentes nas zonas con deficiencias, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización das vías mediante marcas reflexivas brancas.

Con estas dúas actuacións, a institución provincial busca “mellorar de forma considerable as comunicacións de Portomarín”, así como para o conxunto da comarca, dado que estas estradas son “moi frecuentadas por visitantes durante todo o ano”.

+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...