InicioSucesosInvestigan un mozo de Begonte por dous roubos con forza

Investigan un mozo de Begonte por dous roubos con forza

A Garda Civil investiga a outro mozo, veciño de Castro de Rei de 29 anos, por falsidade documental no adhesivo da inspección técnica (ITV) dun coche.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Begonte, mozo de 24 anos de idade, como suposto autor dun delito continuado de roubo con forza.

En concreto, segundo informa o Instituto Armado, os feitos ocorreron en febreiro no lugar de Vilaronte, en Foz, onde este home supostamente realizou dous roubos nos que subtraeu varias pezas de aceiro inoxidable. As dilixencias policiais foron remitidas á autoridade xudicial correspondente.

FALSIDADE DOCUMENTAL

Ademais, a Garda Civil investiga a outro mozo, veciño de Castro de Rei de 29 anos, por falsidade documental no adhesivo da inspección técnica (ITV) dun coche.

Foi no marco dun control rutineiro cando se comprobou na base de datos que un turismo non pasara este control. No entanto, visualmente, o vehículo tiña un adhesivo falsificado en vigor ata maio deste ano.

Por isto mesmo, a Benemérita tamén remitiu as correspondentes dilixencias á autoridade xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...