InicioSucesosPiden 11 anos para un home acusado dun delito continuado de agresión...

Piden 11 anos para un home acusado dun delito continuado de agresión sexual a unha menor

A vítima denunciou os feitos en 2021, cando era maior de idade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves, a partir das 10,00 horas, o xuízo contra un home que está acusado dun delito continuado de agresión sexual a unha menor.

A Fiscalía de Lugo solicita 11 anos de prisión para este home que, segundo o escrito de cualificación, mantivo relacións sexuais completas coa menor no domicilio onde ambos convivían entre os anos 2013 e 2015. A vítima denunciou os feitos en 2021, cando era maior de idade.

O Ministerio Público pide que ao procesado se lle impoña a prohibición de achegarse a unha distancia inferior a 500 metros á prexudicada, ao seu domicilio, lugar de estudo ou traballo, ou calquera outro onde se atope, así como a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio por prazo de 15 anos.

De igual forma, a Fiscalía considera que se lle debe impoñer a pena de liberdade vixiada por prazo de oito anos, a inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade sobre a menor por prazo de oito anos e a inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que leve contacto regular e directo con menores de idade por tempo de 18 anos. Como responsabilidade civil, expón que indemnice á prexudicada por estes feitos na cantidade de 9.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...