InicioSucesosDesarticulado un grupo de venda de droga en Lugo

Desarticulado un grupo de venda de droga en Lugo

Foron detidos un home e unha muller no operativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Nacional detivo o martes a un home e a unha muller no marco dun operativo contra o tráfico de drogas en Lugo, tras ser interceptados momentos despois dun intercambio de diñeiro e estupefacientes.

Os feitos ocorreron na tarde do martes, cando os axentes observaron a unha muller nun vehículo que se puxo en contacto cun viandante. Este último subiuse ao coche e, tras compartir un breve traxecto, o home saíu tras realizar o intercambio.

Así, o home foi interceptado cun total de 35 doses de heroína deste intercambio que acababa de facer no automóbil, polo que foi detido. A Policía tamén apresou á muller, á que se lle interveu unha “importante cantidade de diñeiro“, segundo destaca o corpo, que supostamente proviña da actividade ilícita.

A ambos impútanselles senllos delitos contra a saúde pública, na modalidade de tráfico de drogas, polos que se deu conta ás autoridades xudiciais.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...