InicioSociedadeA Audiencia de Lugo rebaixa un ano a pena a un agresor...

A Audiencia de Lugo rebaixa un ano a pena a un agresor sexual ao que denega diminuír a condena por un abuso

Desde a entrada en vigor da lei do só si rebaixáronlle a condena a polo menos 46 delincuentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia de Lugo acordou rebaixar un ano a pena a un condenado por agresión sexual ao que tamén se lle impuxo dous anos de prisión por outro delito de abuso sexual que, neste caso, os maxistrados rexeitaron revisar porque a nova lei do ‘só si é si’ contempla penas maiores para eses delitos.

A resolución da audiencia luguesa foi difundida este venres polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e admite en parte a petición da defensa, pois accede a rebaixar de 9 a 8 anos a pena imposta polo delito de agresión sexual pero mantén os 2 anos de prisión polo abuso.

O reo foi condenado en 2015 a un total de 21 anos e seis meses de cárcere como culpable de cinco delitos (roubo con violencia e intimidación, lesións, agresión sexual, roubo con intimidación e abuso sexual) por dous episodios.

O primeiro tivo lugar en marzo de 2013 en Lugo, onde asaltou a unha muller no seu coche para, ameazándoa cun obxecto afiado, roubarlle diñeiro e sometela a tocamentos antes de que a vítima lograse fuxir do vehículo.

Dous días despois, o mesmo individuo entrou nun bar e inmobilizou á camareira para que lle entregase o diñeiro da caixa, da que levou uns 230 euros.

A continuación, golpeou cunha botella na cabeza á muller e violouna antes de ser soprendido por unha patrulla da Policía Nacional, que se presentou no establecemento grazas á alarma activada pola vítima durante o asalto.

Oito anos despois da sentenza condenatoria, a defensa do agresor pediu a revisión do fallo en aplicación da nova Lei de garantías sexuais. Nas súas alegacións, pedira a absolución do delito de abuso sexual porque entendía que este desaparece na lei do ‘só si é si’, consideración que a audiencia lembra que é “errónea” pois o novo marco contempla os supostos antes entendidos como abuso dentro das agresións sexuais e a diferenza das violacións en que nestas hai acceso carnal.

Así pois, denega a redución da pena xa que a pinza da nova lei é máis severa que a existente cando foi condenado e, en caso de aplicarse, suporía maior castigo, o que contradí o principio do dereito que obriga a revisar as condenas só se o reo sae beneficiado.

Isto último é o que ocorre no caso do delito de agresión sexual, polo que en 2015 impúxoselle unha pena de 9 anos de cárcere, a metade da pinza entón existente (de 6 a 12 anos) e que a lei do ‘só si’ baixa nas mínimas (de 4 a 12). Deste xeito, a audiencia impón unha redución da pena nun ano ao pasar de 9 a 8 os anos de prisión polo delito de agresión sexual.

MÁIS DE 40 REBAIXAS DE CONDENAS

Desde a entrada en vigor da Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, as audiencias provinciais galegas e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revisaron e emitiron polo menos 102 decisións –tanto revisións de penas xa impostas como recursos– referir# a condenas.

Delas, polo menos 46 supuxeron unha rebaixa da pena dos delincuentes, mentres que no resto de ocasións, unhas 56, foi mantida a condena porque a Lei do só si é si suporía que o xuízo se saldaría cunha pena maior que na que se puxo no seu momento. Aínda que, non transcenden desde as audiencias todas as peticións, tal e como aclararon fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...