InicioEconomíaA Deputación de Lugo licita por case medio millón de euros a...

A Deputación de Lugo licita por case medio millón de euros a reforma e espazos comúns no Fogar de Santa María

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde á licitación, por case medio millón de euros, do proxecto para reformar e mellorar os espazos comúns do Fogar de Santa María, fronte á rolda da muralla na capital. Vólvese a licitar logo que quedase deserto a primeira das adxudicacións ao non presentarse ningunha oferta.

A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, precisou que “estas obras permitirán cuadriplicar o número de prazas de estacionamento para uso público dese recinto, pasando das 40 na actualidade a 165 que son as que se estima que se poidan ter no futuro á conclusión das obras”.

En concreto, a deputación destinará 465.000 euros a este proxecto, cumprindo, así, o compromiso do presidente (José Tomé) de reordenar e acondicionar a contorna do complexo de Santa María unha vez que están acometidas as obras de rehabilitación de mellora nos pavillóns uno e dous, cun investimento de 1,7 millóns de euros. “Neses pavillóns (do Fogar de Santa María), a día de hoxe, hai situados varios servizos desta institución: o servizo de Medio Ambiente, o servizo de Recadación e Asesoría xurídica, entre outros”, debullou.

En resumo, trátase dun “acondicionamento do exterior para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciños que acudan a deixar alí os seus vehículos”, en horario que non sexa de traballo. Un aparcadoiro que será gratuíto, lembrou Porto.

O prazo para concluír estes traballos será de catro meses, tras o que o novo aparcadoiro, que contempla xardíns, abrirase ao público de forma gratuíta, fóra do horario laboral dos traballadores da Deputación.

SERVIZOS TEMPORAIS

Na mesma xunta de goberno aprobáronse as bases específicas para ampliar as listas de emprego correspondentes, para prestar servizos temporais na Deputación de Lugo, en prazas para o servizo técnico e normalización lingüística, co fin de crear unha lista de emprego temporal, detallou Pilar García Porto.

Tamén saíu adiante a licitación para rehabilitar dous quilómetros da estrada provincial LU-P-2903, que vai de Carballido a Poutomiños (en Lugo) por Santalla de Bóveda, cun orzamento de 125.000 euros e un prazo de execución de dous meses.

ÚLTIMAS

11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento...

O TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por afectar á Rede Natura

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...