InicioSociedadeA Feira da Androlla repartirá 4.000 quilos do embutido dos Ancares

A Feira da Androlla repartirá 4.000 quilos do embutido dos Ancares

A 32 edición da festa será este domingo e agárdase moita afluencia de público

PUBLICADA O

- Advertisement -

Navia de Suarna quenta motores para a celebración este domingo da 32 edición da Feira da Androlla, que repartirá entre 3.000 e 4.000 quilos deste embutido típico dos Ancares feito de costela de porco con peles sen graxa e adobado con sal, pemento e allo.

A sede da Deputación de Lugo acolleu este mércores a presentación desta festa cun acto no que participaron o alcalde de Navia, Pepe Fernández, a deputada de turismo, Pilar García Porto e Mari Carmen Sánchez, produtora de androlla.

O rexedor destacou que se trata dunha “das feiras máis consolidadas da provincia de Lugo” que enxalza un produto tradicional da zona dos Ancares. A continuación, convidou “a todas as persoas que poidan” que veñan a Navia a degustar a androlla e gozar da natureza, as paisaxes e o patrimonio dos Ancares.

As previsións apuntan a unha xornada de “moita” afluencia de público. “O ano pasado foi un éxito e este ano esperamos que sexa mellor, coa axuda do tempo e parece que as previsións son boas”, apuntou.

Pola súa banda, a representante da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, destacou que este tipo de festas son tamén un “reclamo” dun turismo “sustentable”.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...