InicioSucesosDetido un home en Lugo por falsificar partes e xustificantes de ausencia...

Detido un home en Lugo por falsificar partes e xustificantes de ausencia laboral

A Policía comezou as pescudas para comprobar a validez dos documentos que o traballador achegaba para xustificar esas ausencias, tomando declaración ás persoas que os selaran.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home de mediana idade como presunto autor dun delito de falsidade documental, por presentar documentación irregular para xustificar as súas frecuentes ausencias no seu posto de traballo.

A investigación iniciouse o mes de xaneiro, cando responsables da empresa onde traballa o sospeitoso, un centro social da cidade, denunciaron que este empregado faltaba no seu posto de maneira reiterada e de difícil xustificación.

A Policía comezou as pescudas para comprobar a validez dos documentos que o traballador achegaba para xustificar esas ausencias, tomando declaración ás persoas que, supostamente, validáranos ou selado.

Deste xeito, os investigadores puideron comprobar que o home falsificara polo menos 5 deses xustificantes, tanto documentos de servizos sanitarios como dun centro de formación público.

Por todo iso, procedeuse á detención deste home, que xa tivera problemas administrativos no ámbito da súa profesión, e puxéronse os feitos en coñecemento do xulgado de instrución de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...