InicioSociedadeO TSXG confirma a pena de dous anos ao septuaxenario que acosou...

O TSXG confirma a pena de dous anos ao septuaxenario que acosou a unha menor en Bispo Aguirre

O alto tribunal galego desestima o recurso contra a sentencia previa e considera probado o acoso sexual a unha menor de 12 anos na rúa Bispo Aguirre

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso presentado por un condenado por un delito de acoso sexual sobre unha menor que tiña no momento dos feitos 12 anos. Confirma así a pena de dous anos para o home, de 79 anos, estabelecida pola Audiencia Provincial de Lugo por tocar os glúteos da menor e referirse a ela de xeito inapropiado.

Os feitos que o alto tribunal considera probados tiveron lugar en outubro de 2016, na rúa Bispo Aguirre de Lugo, moi próxima a dous centros escolares. O sospeitoso dirixiuse pola espalda á menor, de doce anos, que camiñaba en compañía dunhas amigas, e “con ánimo libidinoso” tocoulle os glúteos, mentres lle preguntaba “hola, qué guapa eres, ¿cómo te llamas?”.

A rapariga vítima de acoso saíu correndo cara a súa nai, a quen contou o acontecido. Acto seguido, o septuaxenario alonxouse do lugar para despois achegarse a outro grupo de menores.

Os actos mereceron a sentencia da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, que ditou dous anos de cadea polo delito de acoso sexual. O fallo, con data 12 de xullo, foi alegado e a causa pasou ao TSXG. O máximo tribunal galego desestimou o recurso, confirmando o veredicto da primera instancia.

Xunto cos dous anos de prisión, impuxo a prohibición de aproximarse á vítima e de comunicarse con ela durante cinco anos, así como a prohibición de acudir a centros educativos, lugares frecuentados por menores, e á rúa Bispo Aguirre de Lugo. O autor dos feitos xa fora condenado con anterioridade en sentencia firme por violencia no ámbito familiar, ameazas, homicidio por imprudencia e lesións por imprudencia grave.

Casos recentes en Bispo Aguirre

Este comportamento coincide cos recentes casos de acoso producidos no mesmo lugar da cidade, confirmados por varias testemuñas. A Policía Nacional negou ter coñecemento da situación, pois tan só constaban denuncias antigas. Este xornal puido comprobar in situ varios episodios relacionados cun home que responde ao mesmo perfil, e que supostamente protagonizara outras accións semellantes entre a estación de autobuses, o colexio marista A Inmaculada e o instituto Ollos Grandes.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...