InicioSucesosDetido un home en Lugo logo de que a súa parella chamara...

Detido un home en Lugo logo de que a súa parella chamara á Policía escondida no coche porque “tiña medo”

Ambos acordaron que el marcharía da casa, pero despois púxose violento coa muller,tendo que ser contido polos familiares que estaban alí

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido en Lugo por violencia machista despois de que a súa parella alertase á Policía de que discutiran no domicilio e de que tiña medo, polo que estaba escondida no interior dun vehículo estacionado na rúa.

Segundo relata a Policía Local de Lugo, os feitos producíronse ás 21,40 horas do domingo. Ata o lugar desprazáronse axentes, que falaron coa muller, quen, aínda que se atopaba alteraba, trasladou que non quería presentar ningún tipo de denuncia sen aclarar que sucedera.

Os axentes mobilizados contactaron co home, que se atopaba no interior do domicilio e este, segundo a versión policial, trasladou que discutiran pero que non pasara nada mal. Finalmente, no lugar presentáronse familiares de ambos e acordaron que o home abandonase a vivenda.

Con todo, minutos máis tarde recibiuse un novo requirimento desde o mesmo lugar, onde se procedeu á detención do individuo xa que, segundo os familiares presentes, tras recoller as súas pertenzas, empezou a porse violento e arremeteu contra a muller, tendo que ser contido por quen estaban alí.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...