InicioSociedadeDez novos bombeiros para a cidade

Dez novos bombeiros para a cidade

Con estas novas incorporacións, o equipo da capital lucense conta xa con 54 bombeiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Parque de Bombeiros de Lugo sumou 10 novos profesionais interinos despois de superar o proceso de oposición libre. Con estas novas incorporacións, o equipo da capital lucense conta con 54 bombeiros.

Na toma de posesión destes 10 novos bombeiros estivo a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, que avanzou que nos próximos días tomarán posesión dous novos bombeiros en réxime interino.

Ademais, segundo trasladou o Concello, Méndez encomiou o esforzo realizado polos novos interinos e deulles a benvida a “un servizo moi querido pola sociedade lucense”. “Estamos seguros de que o voso traballo estará á altura das expectativas”, manifestou.

Do mesmo xeito, Lara Méndez informou de que a xunta de goberno local desta semana aprobará incluír dúas prazas na OPE de 2024, en previsión da xubilación de dous bombeiros neste exercicio.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...