InicioSociedadeAvances na supresión do paso a nivel do Cruceiro en Rábade

Avances na supresión do paso a nivel do Cruceiro en Rábade

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reiterou en Rábade o compromiso do Goberno coa construción dunha nova pasarela peonil sobre a vía do tren ao seu paso polo municipio e a supresión do paso a nivel situado na contorna da parroquia do Cruceiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reiterou en Rábade o compromiso do Goberno coa construción dunha nova pasarela peonil sobre a vía do tren ao seu paso polo municipio e a supresión do paso a nivel situado na contorna da parroquia do Cruceiro.

A subdelegada, acompañada do alcalde, Francisco Xosé Fernández, e do tenente de alcalde, Alejandro Martínez, visitou a zona onde se instalará a nova infraestrutura e informou que Adif está nestes momentos en plena fase de supervisión do proxecto para sacar a licitación as obras, previsiblemente a principios deste ano, cun investimento de máis de 710.000 euros.

Neste senso, a subdelegada apuntou que “foi o Goberno de Pedro Sánchez o que desbloqueou este proxecto, atendendo a unha demanda histórica dos veciños de Rábade, que verán unha clara mellora na accesibilidade desta contorna, aumentando, ao mesmo tempo, a seguridade da cidadanía“.

Concretamente, o proxecto de Adif contempla a demolición da actual pasarela urbana, datada dos anos 50, por unha nova, que conectará a rúa Campo da Feira e a Praza de España coa estación do ferrocarril. A plataforma, elevada, contará con acceso a través de escaleiras e ascensor, será metálica e terá unha lonxitude en planta de 27,6 metros.

Doutra banda, a subdelegada avanzou que, para a eliminación do paso a nivel no punto quilométrico 446/350 da liña Palencia-A Coruña, Adif executará dous muros de cerramento a ambos os dous lados da vía férrea para impedir o acceso e ampliará a zona para o tráfico de peóns e vehículos.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Ferido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do autobús escolar

Un neno resultou ferido este xoves ao sufrir un atropelo en Baralla. Segundo informou...