InicioSociedadeEliminadas as verteduras de augas residuais no barrio das Gándaras mediante un...

Eliminadas as verteduras de augas residuais no barrio das Gándaras mediante un pozo de bombeo

Este proxecto foi levado a cabo polo Grupo Bascuas e contou cun investimento total de 47.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo indicou este luns que xa foron eliminados as verteduras de augas residuais no barrio das Gándaras, tras a incorporación dun pozo de bombeo na zona.

Segundo sinalou a entidade municipal nun comunicado, con esta obra suprimíronse dúas verteduras nunha zona moi próxima ao ‘Arboretum’, implantado nunha das zonas verdes do Polígono Industrial das Gándaras, declarado Espazo Natural de Interese Local.

Este proxecto foi levado a cabo polo Grupo Bascuas e contou cun investimento total de 47.000 euros. Así, construíuse un colector que discorre baixo a cuneta do camiño municipal existente ata o pozo de bombeo.

O edil responsable de Medio Ambiente, Miguel Fernández, subliñou que o obxectivo desta instalación é “que se vertiese cero de augas residuais na cidade, nun claro compromiso coa sustentabilidade e o medio ambiente”.

Deste xeito, destacou que “se eliminan as verteduras non controladas e tamén o impacto que estes teñen na contaminación ambiental e estética urbana”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...