InicioEconomíaTransportistas de Lugo critican que a bonificación de 20 céntimos ao combustible...

Transportistas de Lugo critican que a bonificación de 20 céntimos ao combustible sexa “só por tres meses”

PUBLICADA O

- Advertisement -

asociación de empresarios do transporte de Lugo (Tradime) mostrou o seu malestar con que a bonificación de 20 céntimos do Goberno central ao combustible sexa “só” durante os tres primeiros meses do próximo ano.

O presidente, José Fernández, subscribiu que “hai que ler a letra pequena” porque, segundo asegurou, non é como estaban “ata agora, con eses 20 céntimos que descontaban da factura”.

“Agora, se empezas a ler a letra pequena, tes que ter condicións moi específicas para acceder a estas axudas“, sinalou. Fernández precisou que “son 20 céntimos o tres primeiros meses do ano, despois pásano a 10 céntimos”. “Xa non son os 20 céntimos como se anunciou por parte do Goberno”, censurou.

A isto engadiu que “despois hai que estar dado de alta ou acollido ao gasoil profesional” e “aqueles que non estean dados de alta xa non poderán beneficiarse diso”. En canto ás perdas acumuladas durante o ano polos incrementos do combustible, o empresario lucense puxo o acento en que se en febreiro “o litro estaba a 1,20 euros, cun gasto de 4.800 euros nese mes, para uns 10.000 quilómetros, despois pasouse a 8.000 euros, é dicir, unha subida do 50 por cento”. “Se calculamos neste dez meses, o consumo só en combustible foi de entre 30.000 e 40.000 euros”, expresou.

Finalmente, e ante estes problemas, José Fernández estimou que o próximo ano poden verse abocadas ao peche un 10 por cento do total de empresas do transporte a nivel nacional, “sobre unhas 10.000”.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...