InicioSucesosPonte do Outeiro e Pacios, as zonas de Castro de Rei máis...

Ponte do Outeiro e Pacios, as zonas de Castro de Rei máis afectadas o desbordamento do Miño

Con todo, os danos son menores a outros anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os lugares máis afectados polo desbordamento do río Miño no municipio de Castro de Rei, tras as intensas choivas do fin de semana, son Ponte Outeiro e Pacios. O alcalde de Castro de Rei, Paco Balado, valorou que estes alagamentos “son moito máis leves que outros anos, porque os desbordamentos simplemente cobren o río e pouco máis“. “Non afectaron como noutras ocasións”, destacou.

Con todo, expuxo que “nalgunha zona hai prados e zonas de cultivo que están parcialmente alagadas, pero só durante unhas horas”. “Non houbo desbordamentos como noutras ocasións”, reiterou. As zonas máis afectadas, debulla Balado, “sempre adoitan ser as zonas de Ponte de Outeiro e Pacios, que son as zonas por onde discorre o río Miño e onde se produce o maior número de desbordamentos”.

A continuación, reiterou que “este ano afectou moito menos que outros anos, pode ser debido a que chovese de forma moi continua e os ríos están máis limpos que outros anos e iso fai que a auga baleire con máis facilidade que cando os ríos están máis tupidos ou cheos de vexetación”.

Tamén o Miño desbordouse o domingo ao seu paso pola cidade de Lugo despois das intensas choivas rexistradas o fin de semana, con inundación dunha parte das instalacións do Club Fluvial.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...