InicioLugo e contornaLugoCSIF acusa o Concello de Lugo de "machista" por non querer pagar...

CSIF acusa o Concello de Lugo de “machista” por non querer pagar ás traballadoras que pediron a baixa maternal

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) Galicia denunciou este xoves que o Concello de Lugo non pagou o complemento de produtividade na nómina do mes de novembro a varios traballadores, maioritariamente mulleres, que foron pais durante este ano e que se beneficiaron das baixas correspondentes por maternidade ou paternidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) Galicia denunciou este xoves que o Concello de Lugo non pagou o complemento de produtividade na nómina do mes de novembro a varios traballadores, maioritariamente mulleres, que foron pais durante este ano e que se beneficiaron das baixas correspondentes por maternidade ou paternidade.

Para CSIF, esta situación, que xa se produciu o ano pasado, é “unha clara vulneración do dereito de igualdade e a exercer a corresponsabilidade da vida persoal, familiar e laboral”. Por iso, a central sindical anunciou que recorrerá ante os tribunais en defensa destes traballadores.

Tal e como sinalou CSIF nun comunicado, esta forma de proceder por parte do Concello é “escandaloso e vergoñento e só pódese cualificar de comportamiento machista, nun goberno que, con todo, se autoproclama progresista e feminista“.

Así mesmo, a central sindical lamentou que, a pesar da demanda interposta o pasado ano polos mesmos feitos e da que aínda non se coñece a sentenza, o Concello de Lugo “persista na súa negativa de abonar estas retribucións a este persoal, cando é precisamente a administración a que debería de dar exemplo de respecto á legalidade vixente”. Neste sentido, CSIF lembrou que “existe xurisprudencia que determina que lasbajas por maternidade e paternidade non deben ser entendidas como baixas laborais”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...