InicioLugo e contornaLugo"Xa é hora de que Lugo teña o primeiro goberno non de...

“Xa é hora de que Lugo teña o primeiro goberno non de esquerdas do século XXI”

O titular da Xunta e presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este mércores que a candidatura á Alcaldía de Elena Candia representa á "maioría de lucenses que queren un Lugo mellor". "Cada vez son máis os que a escollen para abrir unha nova etapa de futuro na cidade", proclamou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O titular da Xunta e presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este mércores que a candidatura á Alcaldía de Elena Candia representa á “maioría de lucenses que queren un Lugo mellor”. “Cada vez son máis os que a escollen para abrir unha nova etapa de futuro na cidade”, proclamou.

Así o trasladou ante os presentes no petisco de nadal organizado polo PP de Lugo, ao que cualificou como “a casa onde caben todos os que queren un Lugo máis amable, con máis calidade de vida, con máis seguridade nos barrios, con futuro e capaz de xerar emprego e de apoiar ás familias”.

O líder dos populares galegos aseverou que “xa é hora de que Lugo teña o primeiro goberno non de esquerdas no que vai do século XXI” e, por iso, augurou que o próximo 28 de maio será “a cita cun cambio histórico”.

E agregou, dirixíndose especificamente a Elena Candia: “Tes unha cita coa ilusión, coa ansia de cambio e as expectativas que estás a xerar entre todos os lucenses”.

“Elena puido optar pola opción máis segura, pero elixiu Lugo”, asegurou, á vez que puña en valor que o PP “defende a Lugo por encima das siglas”; citando como exemplos as reivindicacións dun tren “digno” para a provincia e a demanda de axilización dos fondos europeos para blindar proxectos como o de Altri.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...