InicioLugo e contornaLugoMatan a puñaladas a unha muller de 42 anos en Lugo

Matan a puñaladas a unha muller de 42 anos en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O corpo dunha muller de 42 anos foi achado sen vida pasadas as 22,00 horas deste domingo no seu domicilio na rúa Quiroga  con signos de violencia.

Segundo confirmaron fontes policiais a Europa Press, o crime investígase como un homicidio. As mesmas fontes indicaron que o cadáver mostraba signos de recibir varias coiteladas.

Polo momento, non hai detidos e son varias as hipóteses que se barallan por parte dos axentes policiais que asumiron a investigación.

A muller rexentaba unha froitería no barrio lucense da Milagrosa. O levantamento do cadáver, para proceder a realizarlle a autopsia, produciuse preto da madrugada. O Xulgado número 1 de Lugo leva o caso.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...